
MONDRAGÓN é o froito do movemento cooperativo iniciado en 1956, ano no que se creou a primeira cooperativa industrial na localidade guipuscoana deste nome; a súa filosofía de empresa está recollida nos seus Valores Corporativos.
- A Cooperación.
- A Participación
- A Responsabilidade Social.
- A Innovación.
A Misión de MONDRAGÓN aglutina os obxectivos básicos dunha organización empresarial que compite nos mercados internacionais coa utilización de métodos democráticos na súa organización societaria, a creación de emprego, a promoción humana e profesional dos seus traballadores e o compromiso de desenvolvemento co seu entorno social.
No seu aspecto organizativo, MONDRAGÓN configúrase en catro áreas: Finanzas, Industria, Distribución e Coñecemento. MONDRAGÓN constitúe, hoxe en día, o primeiro grupo empresarial vasco e o décimo de España.