Saúdo do presidente

img-saludo-presidente1

Ola! Como che vai?

Se me concedes dous minutos, preséntoche MONDRAGON e anímote a visitares o noso sitio en Internet.

Como sabes, o escenario empresarial actual caracterízase pola globalización dos mercados e polos cambios cada vez máis profundos e acelerados. As empresas, máis que nunca, teñen a necesidade de adaptarse a ese novo escenario para aproveitaren as súas oportunidades.

A proposta de MONDRAGON neste contexto consiste nun modelo empresarial diferente, baseado na cooperación interempresarial, no protagonismo das persoas, e no compromiso co desenvolvemento do medio. Unha proposta que a nós nos parece xusta, equitativa e solidaria e que expresamos no noso slogan “Humanity at work”.

Somos o décimo grupo empresarial español, traballamos no sector industrial, no financeiro e na distribución, e ademais desenvolvemos iniciativas no ámbito do coñecemento e da educación. En definitiva, un grupo cooperativo con máis de 50 anos de historia, altamente internacionalizado, competitivo e de éxito, que se converteu nunha referencia mundial do traballo en cooperación.

Se queres coñecer MONDRAGON con máis detalle, convídote a entrares na nosa casa en Internet, un espazo que actualizamos recentemente e que agora queremos amosarche. Gustaríame que te sentises cómodo durante a túa visita, e se ademais nos deixas algún comentario que nos axude a perfeccionar a web, mellor que mellor.

En calquera caso, agradézoche o teu interese por MONDRAGON, envíoche un saúdo cooperativo e deséxoche unha experiencia de navegación polas nosas páxinas o máis amena e frutífera posible.

Iñigo Ucín, presidente do Consello Xeral de MONDRAGON.